Todos queremos ser xuices
Sen embargo sorpréndeme estes días que eses mesmos que se encargan de lanzar pedras contra o tellado do poder xudicial español non só non amosen indignación porque algúns partidos se alcen en tribunais xulgadores das liberdades políticas españolas, senón que peor aínda, se arroguen para sí competencias xudiciais.
O artigo 6 da Constitución española dí que os partidos políticos expresan o pluralismo político, concorren á formación e manifestación da voluntade popular e son instrumento fundamental para a participación política. A súa creación e o exercicio da súa actividade son libres dentro do respeto á Constitución e á Lei. A súa estructura interna e funcionamiento deberán ser democráticos.
Unha decisión xudicial que debería ser meramente formal sobre la adaptación duns estatutos á simple legalidade, se está convertindo nun xuizo político sobre o que a sociedade española subxectivamente cre das persoas que están detrás de SORTU, cuestión esta que viola a presunción de inocencia, o principio de non bis in idem, así como a famosa reinserción e recoñecemento do arrepentimento como fins do noso sistema....
E que todo isto se faga cando un partido que tivo un importante papel no desenvolvemento de políticas dende as nosas institucións ó longo destes anos de democracia, como é o PP, non teña condenado o franquismo e en cuias filas hai un senador que foi ministro da dictadura franquista...provócame unha profunda tristeza.
Se a nosa democracia non ten instrumentos suficientes para permitir participar libremente a todas aquelas persoas que