22 feb 2009

Razóns e ilusións...


Estes días teño un pouco abandonado o meu blog.....recoñézoo e pido disculpas.

Dende que comezou a pre-campaña ando un pouco liada de máis entre a campaña das XSG e a miña campaña en Bergantiños como candidata nestas eleccións.

Esta última experiencia estame traendo moi bos momentos; bos momentos porque estou colléndolle moito cariño a xente que tiña moi cerquiña, pero que de tan cerca que tes, ás veces non te percatas do que che poden chegar a ilusionar. Xente que está confiando en mín, que me está apoiando, que están conmigo. Xente á que lle teño que agradecer o especial esforzo que están a facer poque para a miña comarca esta poida ser unha campaña un poco máis especial.

Levamos moitos días ás nosas costas, días de andar ás présas dun lado para outro; pero días que os que amamos a política non podemos deixar de disfrutar a cada minuto.

Comezamos aquel 1 de Febreiro na Feira de Agualada. Seguiulle a Cofradía de Pescadores de Caión, a Cooperativa Coreber, a visita a Asunción Antelo, a reunión coa UGT e Unións Agrarias, a reunión coa Asociación de Veciños de Sofán e coa Asociación de Mulleres Rurais, as visitas ás feiras de Paiosaco, Malpica, Ponteceso, Cabana e Carballo, pegadas de carteles polas rúas de Carballo, o Mitin de Malpica con Pepe Blanco, o Mitin de Miño con Mar Barcón e Antonio de Curtis, o Mitin da Laracha con Silvia e a Conselleira de Sanidade, o Mitin de Coristanco con Tuco Cerviño e Mar Barcón, o Mitin de Corme con Jacinto Parga.....

Precisamente, este último mitin foi para mín moi especial, porque sen esperalo, atopeime alí cuns primos meus que facía tempo que non vía.

Foi moi emotivo, porque son uns primos da miña nai que non están especialmente interesados por política, pero que, por casualidades da vida, ese día decidiron ir a escoitar aos socialistas. Persoas, que como todos nós, necesitaban comprobar que os políticos están máis cerca de nós do que nos poida parecer. Persoas que me renovaron as forzas e a ilusión por seguir loitando por continuar co cambio en Galicia.

Seja o primeiro a comentar

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Opinións opinables ©Template Blogger Green by Dicas Blogger.

TOPO  

Free counter and web stats