9 oct 2009

Hipocrisía social


Aínda lembro aquel histórico 2005 no que se aprobou no Congreso dos Deputados a lei de matrimonios homosexuais cos votos en contra do PP; e aínda me lembro como un concelleiro do PP de Ourense foi un dos primeiros españois en exercer o seu novo dereito...Por certo, o PP mantiña un recurso de inconstitucionalidade contra a lei.

Aínda lembro a tan buscada aprobación la Lei de Igualdade entre homes e mulleres no Congreso coa abstención do PP; lei que non tiveron reparo en recorrer ante o Tribunal Constitucional.

Aínda me lembro de como o PP no parlamento europeo votou en contra contra da educación sexual e dos métodos anticonceptivos como forma de previr os embarazos non desexados ou as enfermidades de transmisión sexual e de loita contra a mutilación xenital feminina.

Aínda me lembro das palabras do Cardeal Cañizares nas que dicía que era peor o aborto que a pederastia, e aínda lembro a Jaime Mayor Oreja, daquela candidato do PP ás eleccións europeas do 7 de xuño referíndose ás palabras de Cañizares: “ha dicho las dos cosas, y bien dichas, y en el orden que debe”

Aínda me lembro de todo iso, porque a pesar de ser nova, a pesar de ser xoven, teño capacidade para lembrar. Por iso, e aínda que eu non tiña nacido, sei que durante a ditadura franquista, cando o aborto estaba absolutamente prohibido, quenes podían pagar unha viaxe a Londres abortaban e quenes non podían pagalo, deixaban as súas vidas nalgunha sala clandestina porque a prohibición real dependía do teu status social; desigualdade social igual a “prohibición real desigual”.

Agora, por fin un goberno socialista decide dar un paso adiante e enfrontar unha das maiores loitas do movemento feminista, unha materia fundamental no eido dos dereitos das mulleres; o dereito a decidir.

Non se trata señores do PP de obrigar a interromper o seu embarazo a quen non queira; non se trata señores do PP de que unha rapaza de 16 estea obrigada por lei a non comunicarlle aos seus pais a súa intención de interromper voluntariamente o seu embarazo. NON. Trátase de que baixo unha serie de supostos legais, tódalas españolas teñan a mesma capacidade para decidir e ninguén poida impoñer a súa vontade aos demais.

Trátase de aprobar unha lei que aborde de xeito integral o dereito á saúde sexual e reprodutiva universal, igualitario e que garanta seguridade xurídica e sanitaria . Trátase dunha lei que busca evitar que se produzan embarazos non desexados, e que o fai dende a prevención e a educación; non dende a imposición ou o proteccionismo máis reaccionario.

Que unha rapaza de 16 anos poida operarse os peitos sen o consentimento dos seus pais non parece un problema para o PP (o señor Aznar aprobou a lei de autonomía do paciente no ano 2002 que llo permite); que unha rapaza de 16 anos emancipada se poida casar sen consentimento dos seus pais, tampouco parece un problema para o PP; que unha persoa a partires dos 14 anos teña responsabilidade penal tampouco lle parece importar ao PP, que unha rapaza de 16 anos poida ser obrigada a polos seus pais a levar a termo un embarazo en contra da súa vontade tampouco lle parece importar ao PP...

1 Comentário:

Unknown dijo...

Paréceme moi interesante a túa reflexión María. O PP actúa dunha maneira hipócrita con moitos temas e os feitos así o demostran. É incrible ver como un día din unha cousa e outro día fan o contrario!

Pero no noso recordo está o acontecido e a maneira de actuar do PP, só temos que botar a mirada un pouco atrás e lembrarémonos.

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Opinións opinables ©Template Blogger Green by Dicas Blogger.

TOPO  

Free counter and web stats