20 oct 2008

Escola de Formación das XSG


Esta fin de semana tiven a sorte de poder intercambiar experiencias e opinións con moitos compañeiros-amigos durante a celebración da Escola de Formación das XSG en Sarria.

E digo compañeiros-amigos, porque ás veces resulta moi difícil establecer unha liña de separación entre os que empezan sendo compañeiros, pero xunto cos que realmente rematas vivindo experiencias, cos e dos que acabas aprendendo, cos que creces e evolucionas....cos que en definitiva, acabas construíndo miles de historias e proxectos.

De Sarria, lévome moitas novas e interesante ideas sobre como temos que mellorar o noso traballo as XSG, sobre como podemos enfrontarnos ás próximas citas electorais, sobre como a pesar da envexa sa que temos das JSC, realmente somos capaces de implementar (cunha escaseza de medios comparativamente falando, grande) un traballo que nos permite ser unha organización político-xuveníl referente en Galicia, cunha madurez interna, digna de subliñar.

Esta escola, como me dicía Isa Lema onte mesmo, foi mellor que tódalas anteriores, pero será menos boa que a seguinte. Porque as escolas, en definitiva, son pequenos pasos dun proxecto que se chama Xuventudes Socialistas de Galicia. E cando as vives, e cando as gozas, dáste conta de que participar é das mellores decisións que tomaches na túa vida.

9 Comentários:

Gretel dijo...

Incrible fin de semana.

Os obradoiros, as charlas, as noites...os e as compañeiros....

Cargando pilas para gañar as eleccións!!

Bicos!

Lu dijo...

Estivo moi ben!! ímolo facer xenial!!

frmartinez dijo...

Como "ponente" non podo facer máis ca agradecerche o convite para irvos ver e estar con vós, felicitarte polas xornadas, e esperar que sigades contando con este "pesado" para as demais. Bicos!

ANTONIO SÁNCHEZ dijo...

Maria estas sendo o digno relevo de Fran na secretaria de formación, encantoume o teu taller e polo que escoitei por ahi ós demais tamén.

Enoraboa e sigue así.

Unknown dijo...

Prezada compañeira sen o voso traballo non sería posible unha escola de formación como a que tivemos. Felicidades María! Porque con ponentes coma vos o triunfo está asegurado. O que sentín foi non poder estar o domingo polas obrigas que tiña.

Suso dijo...

Moi ben a Escola de Formación, e é certo que o pavillón quedou moi alto aínda que na próxima seguro que se mellorará.

Felicitarvos a toda a organización e animarvos a que temos que seguir aumentando o listón e a bo seguro que os compañeiros de JSC teñen máis medios que nós pero dubido moito que a nivel humano e profesional nos superen.

Felicidades Maria por todo o teu gran traballo.

María Torres dijo...

Gracias a todos e todas polos ánimos!


Nesta escola aprendimos todos/as moito, tamén os "profes" porque o nivel das vosas intervencións, as vosas ideas e as conclusións dos obradoiros...demostráronnos que as XSG somos unha potencia!jjeje


Bicos e vémonos todos/as na próxima!

Unknown dijo...

yo aprendi cosas que no sabia y por lo que veo tambien los profes

ANTONIO SÁNCHEZ dijo...

Eu creo que os cataláns tamén aprenderon aljo!!
jajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajaaajaja

verdade mary?
E Besteiro?

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Opinións opinables ©Template Blogger Green by Dicas Blogger.

TOPO  

Free counter and web stats