8 feb 2011

A incultura da suposta aconfesionalidade


É certo que levo moito tempo sen escribir, mais os acontecementos desencadeados estes días no C.E.I.P de Arteixo, merecen unhas liñas de análise.

Como socialista, son firme defensora da aplicación do laicismo nas aulas españolas; isto é, a total eliminación dos símbolos relixiosos das escolas públicas do noso país, feito que unha parte importante da sociedade española vimos reclamando dende hai moito tempo, pero que non foi tratada con valentía por parte dos nosos representantes políticos.


Segundo dí a Constitución española, "Se garantiza a liberdade ideolóxica, relixiosa e de culto dos individuos e as comunidades sen máis limitación, nas súas manifestacións, que a necesaria para o mantenemento da orde pública protexida pola Lei." e segundo dí a normativa educativa "A igualdade de oportunidades no ámbito educativo se promoverá mediante a non discriminación por razón de nacemento; raza; sexo; capacidade económica; nivel social; conviccións políticas, morais o relixiosas, así como por discapacidades físicas, sensoriais e psíquicas, ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social. Os alumnos teñen dereito a que se respete a súa liberdade de conciencia, as súas conviccións relixiosas, morais ou ideolóxicas, así como a súa intimidade no que respecta a tales creencias ou conviccións.


Sen ben esa regulación aconsella unha igualdade ante o feito relixioso de tódolos españois e españolas independentemente da confesión relixiosa practicada, esta suposta aconfesionalidade do estado implica na práctica unha non separación real entre relixión e estado, ou máis concretamente entre Igrexa e Estado. E isto é así porque os privilexios dos que goza a Igrexa católica con respecto ó resto de confesións relixiosas practicadas no noso país, fai que exista unha "non igualdade no ámbito relixioso" do que o caso de Arteixo é unha plasmación máis.


O que se ten aprobado, é un regulamento que prohíbe o uso do hiyab nun centro de ensino público; prohíbe pois o uso dun símbolo dunha concreta relixión que discrimina de xeito intolerable a todas esas persoas que a Constitución e lexislación española parece protexer. Pero o máis triste de todo, é que os que deste xeito limitan dereitos o fan co convencemento de que o hiyab ten o mesmo significado que un gorro, ou que simplemente teñen dereito a facelo.


E precisamente porque eses "valentes" que se atreven a limitar os símbolos relixiosos de confesións coma o islam, son precisamente os mesmos que se resisten a que o laicismo exista nas aulas públicas, convén reflexionar sobre a incultura relixiosa que a "suposta aconfesionalidade do estado" está a inducir e que se traduce en actitudes de intolerancia, racismo e discriminación.


O Pluralismo cultural é un valor protexido constitucionalmente que debe significar unha aposta decidida por preservar as diferentes manifestacións culturais das que a relixión forma elemento crucial, e das que a utilización do velo islámico ou hiyab é unha manifestación.

1 Comentário:

david f dijo...

o peor de todo é a gran confusión reinante neste asunto. Por motivos pedagóxicos sería lóxico que estiveran prohibidos panos como o burka, xa que non permiten aos mestres ver a cara dos estudantes. Co hiyab non é así.
Outros argumentan que é un símbolo de opresión femenina, pero o feito é que se considera xusto o contrario polas mulleres islámicas: o hiyab permitíulles saír da casa.

Se hai que prohibir calquera tipo de símbolo relixioso, adíante. Utilizar certos prexuizos para prohibir só algúns é un atentado non só contra a Constitución, senón tamén contra os DDHH.

Fantástica entrada! saúdos

Opinións opinables ©Template Blogger Green by Dicas Blogger.

TOPO  

Free counter and web stats