16 feb. 2011

Todos queremos ser xuices


Estamos xa afeitos a escoitar ese manido discurso que algúns representantes políticos se encargan de lanzar dunha maneira cando menos perigosa sobre a politización dos Xulgados e tribunais do noso país; situación esta que leva non en poucas situacións a cuestionar importantes decisións do noso poder xudicial.

Sen embargo sorpréndeme estes días que eses mesmos que se encargan de lanzar pedras contra o tellado do poder xudicial español non só non amosen indignación porque algúns partidos se alcen en tribunais xulgadores das liberdades políticas españolas, senón que peor aínda, se arroguen para sí competencias xudiciais.


O artigo 6 da Constitución española dí
que os partidos políticos expresan o pluralismo político, concorren á formación e manifestación da voluntade popular e son instrumento fundamental para a participación política. A súa creación e o exercicio da súa actividade son libres dentro do respeto á Constitución e á Lei. A súa estructura interna e funcionamiento deberán ser democráticos.

Unha decisión xudicial que debería ser meramente formal sobre la adaptación duns estatutos á simple legalidade, se está convertindo nun xuizo político sobre o que a sociedade española subxectivamente cre das persoas que están detrás de SORTU, cuestión esta que viola a presunción de inocencia, o principio de non bis in idem, así como a famosa reinserción e recoñecemento do arrepentimento como fins do noso sistema....

E que todo isto se faga cando un partido que tivo un importante papel no desenvolvemento de políticas dende as nosas institucións ó longo destes anos de democracia, como é o PP, non teña condenado o franquismo e en cuias filas hai un senador que foi ministro da dictadura franquista...provócame unha profunda tristeza.


Se a nosa democracia non ten instrumentos suficientes para permitir participar libremente a todas aquelas persoas que
condenen rotundamente e sen paliativos a violencia e abandonen sen condiciónsas armas, así como resortes sufucientes para actuar cando se desencadenen feitos que poñan en evidencia a falla deses compromisos, creo que como sociedade debemos preguntarnos cara onde imos....

8 feb. 2011

A incultura da suposta aconfesionalidade


É certo que levo moito tempo sen escribir, mais os acontecementos desencadeados estes días no C.E.I.P de Arteixo, merecen unhas liñas de análise.

Como socialista, son firme defensora da aplicación do laicismo nas aulas españolas; isto é, a total eliminación dos símbolos relixiosos das escolas públicas do noso país, feito que unha parte importante da sociedade española vimos reclamando dende hai moito tempo, pero que non foi tratada con valentía por parte dos nosos representantes políticos.


Segundo dí a Constitución española, "Se garantiza a liberdade ideolóxica, relixiosa e de culto dos individuos e as comunidades sen máis limitación, nas súas manifestacións, que a necesaria para o mantenemento da orde pública protexida pola Lei." e segundo dí a normativa educativa "A igualdade de oportunidades no ámbito educativo se promoverá mediante a non discriminación por razón de nacemento; raza; sexo; capacidade económica; nivel social; conviccións políticas, morais o relixiosas, así como por discapacidades físicas, sensoriais e psíquicas, ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social. Os alumnos teñen dereito a que se respete a súa liberdade de conciencia, as súas conviccións relixiosas, morais ou ideolóxicas, así como a súa intimidade no que respecta a tales creencias ou conviccións.


Sen ben esa regulación aconsella unha igualdade ante o feito relixioso de tódolos españois e españolas independentemente da confesión relixiosa practicada, esta suposta aconfesionalidade do estado implica na práctica unha non separación real entre relixión e estado, ou máis concretamente entre Igrexa e Estado. E isto é así porque os privilexios dos que goza a Igrexa católica con respecto ó resto de confesións relixiosas practicadas no noso país, fai que exista unha "non igualdade no ámbito relixioso" do que o caso de Arteixo é unha plasmación máis.


O que se ten aprobado, é un regulamento que prohíbe o uso do hiyab nun centro de ensino público; prohíbe pois o uso dun símbolo dunha concreta relixión que discrimina de xeito intolerable a todas esas persoas que a Constitución e lexislación española parece protexer. Pero o máis triste de todo, é que os que deste xeito limitan dereitos o fan co convencemento de que o hiyab ten o mesmo significado que un gorro, ou que simplemente teñen dereito a facelo.


E precisamente porque eses "valentes" que se atreven a limitar os símbolos relixiosos de confesións coma o islam, son precisamente os mesmos que se resisten a que o laicismo exista nas aulas públicas, convén reflexionar sobre a incultura relixiosa que a "suposta aconfesionalidade do estado" está a inducir e que se traduce en actitudes de intolerancia, racismo e discriminación.


O Pluralismo cultural é un valor protexido constitucionalmente que debe significar unha aposta decidida por preservar as diferentes manifestacións culturais das que a relixión forma elemento crucial, e das que a utilización do velo islámico ou hiyab é unha manifestación.

9 oct. 2009

Hipocrisía social


Aínda lembro aquel histórico 2005 no que se aprobou no Congreso dos Deputados a lei de matrimonios homosexuais cos votos en contra do PP; e aínda me lembro como un concelleiro do PP de Ourense foi un dos primeiros españois en exercer o seu novo dereito...Por certo, o PP mantiña un recurso de inconstitucionalidade contra a lei.

Aínda lembro a tan buscada aprobación la Lei de Igualdade entre homes e mulleres no Congreso coa abstención do PP; lei que non tiveron reparo en recorrer ante o Tribunal Constitucional.

Aínda me lembro de como o PP no parlamento europeo votou en contra contra da educación sexual e dos métodos anticonceptivos como forma de previr os embarazos non desexados ou as enfermidades de transmisión sexual e de loita contra a mutilación xenital feminina.

Aínda me lembro das palabras do Cardeal Cañizares nas que dicía que era peor o aborto que a pederastia, e aínda lembro a Jaime Mayor Oreja, daquela candidato do PP ás eleccións europeas do 7 de xuño referíndose ás palabras de Cañizares: “ha dicho las dos cosas, y bien dichas, y en el orden que debe”

Aínda me lembro de todo iso, porque a pesar de ser nova, a pesar de ser xoven, teño capacidade para lembrar. Por iso, e aínda que eu non tiña nacido, sei que durante a ditadura franquista, cando o aborto estaba absolutamente prohibido, quenes podían pagar unha viaxe a Londres abortaban e quenes non podían pagalo, deixaban as súas vidas nalgunha sala clandestina porque a prohibición real dependía do teu status social; desigualdade social igual a “prohibición real desigual”.

Agora, por fin un goberno socialista decide dar un paso adiante e enfrontar unha das maiores loitas do movemento feminista, unha materia fundamental no eido dos dereitos das mulleres; o dereito a decidir.

Non se trata señores do PP de obrigar a interromper o seu embarazo a quen non queira; non se trata señores do PP de que unha rapaza de 16 estea obrigada por lei a non comunicarlle aos seus pais a súa intención de interromper voluntariamente o seu embarazo. NON. Trátase de que baixo unha serie de supostos legais, tódalas españolas teñan a mesma capacidade para decidir e ninguén poida impoñer a súa vontade aos demais.

Trátase de aprobar unha lei que aborde de xeito integral o dereito á saúde sexual e reprodutiva universal, igualitario e que garanta seguridade xurídica e sanitaria . Trátase dunha lei que busca evitar que se produzan embarazos non desexados, e que o fai dende a prevención e a educación; non dende a imposición ou o proteccionismo máis reaccionario.

Que unha rapaza de 16 anos poida operarse os peitos sen o consentimento dos seus pais non parece un problema para o PP (o señor Aznar aprobou a lei de autonomía do paciente no ano 2002 que llo permite); que unha rapaza de 16 anos emancipada se poida casar sen consentimento dos seus pais, tampouco parece un problema para o PP; que unha persoa a partires dos 14 anos teña responsabilidade penal tampouco lle parece importar ao PP, que unha rapaza de 16 anos poida ser obrigada a polos seus pais a levar a termo un embarazo en contra da súa vontade tampouco lle parece importar ao PP...

23 sept. 2009

Por un ensino sen ataduras


Dende a toma de posesión do PP no goberno da Xunta de Galicia, a Consellería de Educación comezou unha carreira sen freo a prol da privatización do ensino en Galicia.

Así, nada menos que en catro meses conseguiron desmontar todo o sistema de benestar educativo que tanto custou crear no noso país: eliminación da gratuidade dos libros de texto, ERE encuberto do profesorado, ataque á lingua no ensino, proceso de reagrupamento do alumnado para eliminar clases, subvencións a centros privados que segregan por sexos nas aulas....e un longo catálogo de medidas que atacan directamente aos intereses da grande maioría dos galegos e galegas.

Deste xeito, coa eliminación da gratuidade dos libros de texto, unha parella galega cun fillo, na que cada un gañe máis de 559 euros brutos ao mes non terá dereito a libros gratuítos; os recortes na plantilla de profesorado suporán a perda de entre 700 e 1000 postos de traballo; centros privados que co bipartito non recibían un euro, recibirán agora de mans do goberno de Feijoó uns 3 millóns de euros; a paralización de investimentos e obras da consellería de educación suporá o peche de 23 escolas no noso país...

Esta actitude da Xunta de Galicia non pode ser máis que rexeitada por parte da sociedade galega, máxime cando estamos a falar de cartos públicos que en lugar de investirse no ensino público, van a parar a centros privados ligados na súa maioría ao “Opus Dei”. Centros, moitos deles que non dubidan en aplicar criterios de segregación de nenos e nenas nas aulas que supoñen un ataque directo aos principios de igualdade e non discriminación, así como un perigoso paso atrás en materia educativa.

Estas decisións do goberno de Núñez Feijoo, poñen de manifesto a intención de financiamento prioritario do ensino privado, pese a quen lle pese, e custe o que custe. Así o PP está a mostrar novamente unha clara intención de recortar orzamentos na educación pública, xa que non dubida en recortar en gasto social no público cando ten oportunidade; e de premiar e financiar o ensino privado, ao que parece non estar afectando moito a política de austeridade da Xunta de Galicia.

O ensino público, señores do PP, non debería ser obxecto instrumento ao servizo de intereses partidistas, nin tampouco formar parte de ningunha axenda de crispación social, máxime cando a educación é o único instrumento que consigue igualar en oportunidades e dereitos á nosa sociedade. De continuar favorecendo actitudes deste estilo, parece que volveremos a un pasado do que algúns nunca quixeron que saísemos.

15 jul. 2009

Querer suicidarse sen sabelo



O culto ao corpo, case unha “obriga social”, está a levarse cada día un inxente número de vidas de mozos e mozas. A anorexia e a bulimia, non son só trastornos da conduta alimentaria, senón que son auténticas ”enfermidades sociais” que se están a converter xa nunha auténtica lacra social reflexo dunha sociedade asentada nunha idea de que “a perfección si existe”

Urxe pois non só tomar conciencia desta realidade, senón tomar parte dela denunciando todos aqueles comportamentos sociais que lavan a que hoxe, estas dúas enfermidades sexan unha sangría social que afecta cada vez a idades máis temperás. O que comeza case como unha “broma”, acaba coverténdose nun verdadeiro intento de acabar coa túa vida.

Cando falamos de anorexia e bulimia, preocupante parece a falla absoluta dunha actividade preventiva especialmente nos centros de ensino. Estamos a falar de enfermidades cunha moi difícil cura que teñen que ser especialmente evitadas a través da prevención, e que non poden resultar invisibles aos currículos formativos dos nosos pequenos e pequenas.

A nivel asistencial, non existen a día de hoxe centros de saúde públicos que traten adecuadamente estas enfermidades, coas especificidades que estas poden ter e con especialistas na materia que axuden a recuperar hábitos de conduta saudables ou simplemente a quererse.

Pero ademais hoxe, os medios de comunicación estenden máis que nunca esa necesidade social de culto ao corpo: modelos perfectos, presentadores/as de televisión perfectos; revistas xuvenís onde se recomenda con vehemencia facer dietas milagre....Todo isto “educa” á nosa mocidade na importancia de ter un corpo perfecto, que pasa, en moitas ocasións, pola extrema delgadeza.

Especialmente duro resulta ver a unha nai, enferma dende hai trece anos, que treme sentada no sofá mentres a duras penas, trata de “non comer”. Non pode sentarse a cear cos seus fillos porque non soporta estar cerca da comida; non pode facerlles a cea coa súa parella, porque con pode soportar a idea de contacto coa comida; non pode sentarse ao carón dos seus fillos na mesa porque non soporta ulir a comida…En realidade pensa que tocar a comida, ulir a comida, engorda.

Porque cando coa túa voz, coa túa mirada, cun simple susurro acabas transmitido que comer é un auténtico dolor, os límites do humano convértense en inhumanos e nace unha nova forma de suicidio.

5 jun. 2009

E tanto que importa...


Tivo que ser unha clara agresión ós dereitos básicos e ás conquistas sociais a que nos abrise os ollos. A proposta de ampliación da xornada laboral semanal a 65 horas foi o detonante:

Estamos en Europa e somos Europa; estamos en Europa e as decisións do Parlamento Europeo aféctannos de tal modo que lexislan directamente sobre os nosos dereitos básicos. Somos Europa porque por fin coñecemos a un eurodiputado polo seu traballo en Bruxelas; Alejandro Cercas, ao que lle temos que agradecer ter liderado a oposición a esta agresión dos liberais europeos á clase traballadora e ós seus dereitos fundamentais.

Esta medida acaba de despertar conciencias dalgúns que vían Europa como un ente lonxano do que se recibían investimentos nalgúns países; dalgúns que vían Europa coma un lugar onde viaxar low cost que non tiña nada que ver connosco. Esta realidade mudou, e mudará aínda máis.

O que significou de raíz esta proposta foi un modo de entender Europa por parte da dereita máis antisocial que temos visto en moito tempo; unha dereita que quere entender Europa como un simple mercado de intercambio de produtos e man de obra e non coma un auténtico centro de políticas sociais de igualdade, de cooperación, de xustiza social...

Europa hai tempo que deixou de ser un simple mercado, e camiñar cara unha Europa social non depende só dos/as políticos que ocupen un asento en Bruxelas; depende do grao no que a cidadanía decidamos coparticipar das políticas que se impulsan dende eses asentos, para así poder ser copartícipes dunha Europa máis social.

Cada día son máis os estudantes que reciben unha bolsa digna (gracias ó goberno de Zapatero) para realizar estudos no estranxeiro; cada día somos máis os que sentimos que as fronteiras hai tempo que teñen deixado de ser barreiras; cada día somos máis os que concebimos a cidadanía europea como un dereito das persoas que materialice unha igualdade inalienable para os europeos e europeas.

Por iso, o próximo 7 de Xuño, decidiremos máis conscientes o tipo de Europa que queremos. Decidiremos si queremos unha Europa social ou a Europa das 65 horas, decidiremos entre a Europa de Berlusconi, a Europa de Le Pen, a Europa de Sarcozy, ou a Europa dos cidadáns. Porque o que realmente está en xogo é apostar por unha europa neo-liberal onde o progreso económico estea por riba do progreso social, ou apostar por unha europa social onde a cidadanía sexamos o centro das olladas de Bruxelas; unha Europa máis xusta, máis igualitaria, máis solidaria.


17 mar. 2009

Para a reflexión

Cando o Ministerio de sanidade lanza unha campaña de uso do preservativo para a prevención de embarazos non desexados e contra as enfermidades de transmisión sexual



A Iglesia católica dí...
Benedicto XVI: 17/03/2009
"Os preservativos non fan outra cousa que aumentar os problemas contra a sida"
"A sida é unha traxedia que non se pode superar só cos cartos nin tampouco a base de preservativos"
"A única vía eficaz para loitar contra a epidemia é unha renovación espiritual e humana da sexualidade" unida a "un comportamento humano moral e correcto" destinada a "sufrir cos sufrintes"
Cal é o papel social da igrexa entón?....

25 feb. 2009

Alfonso Guerra en Arteixo

22 feb. 2009

Razóns e ilusións...


Estes días teño un pouco abandonado o meu blog.....recoñézoo e pido disculpas.

Dende que comezou a pre-campaña ando un pouco liada de máis entre a campaña das XSG e a miña campaña en Bergantiños como candidata nestas eleccións.

Esta última experiencia estame traendo moi bos momentos; bos momentos porque estou colléndolle moito cariño a xente que tiña moi cerquiña, pero que de tan cerca que tes, ás veces non te percatas do que che poden chegar a ilusionar. Xente que está confiando en mín, que me está apoiando, que están conmigo. Xente á que lle teño que agradecer o especial esforzo que están a facer poque para a miña comarca esta poida ser unha campaña un poco máis especial.

Levamos moitos días ás nosas costas, días de andar ás présas dun lado para outro; pero días que os que amamos a política non podemos deixar de disfrutar a cada minuto.

Comezamos aquel 1 de Febreiro na Feira de Agualada. Seguiulle a Cofradía de Pescadores de Caión, a Cooperativa Coreber, a visita a Asunción Antelo, a reunión coa UGT e Unións Agrarias, a reunión coa Asociación de Veciños de Sofán e coa Asociación de Mulleres Rurais, as visitas ás feiras de Paiosaco, Malpica, Ponteceso, Cabana e Carballo, pegadas de carteles polas rúas de Carballo, o Mitin de Malpica con Pepe Blanco, o Mitin de Miño con Mar Barcón e Antonio de Curtis, o Mitin da Laracha con Silvia e a Conselleira de Sanidade, o Mitin de Coristanco con Tuco Cerviño e Mar Barcón, o Mitin de Corme con Jacinto Parga.....

Precisamente, este último mitin foi para mín moi especial, porque sen esperalo, atopeime alí cuns primos meus que facía tempo que non vía.

Foi moi emotivo, porque son uns primos da miña nai que non están especialmente interesados por política, pero que, por casualidades da vida, ese día decidiron ir a escoitar aos socialistas. Persoas, que como todos nós, necesitaban comprobar que os políticos están máis cerca de nós do que nos poida parecer. Persoas que me renovaron as forzas e a ilusión por seguir loitando por continuar co cambio en Galicia.

17 feb. 2009

Eu non quero que volvan



¿ Queres que volvan....

Aqueles que permitían que os mozos e mozas marchásemos do noso país a buscar traballo?
Aqueles que privatizaron as nosas autopistas e autovías?
Aqueles que endebedaron a nosa sanidade pública?
Aqueles que favoreceron a educación privada sobre a pública?
Aqueles que permitían que máis da metade dos galegos e galegas non chegaran a fin de mes?
Aqueles que permitían que case a metade dos galegos e galegas non tivesen auga potable?
Aqueles que non fixeron nada pola conciliación da vida laboral e familiar?
Aqueles que permitían que as pensións dos nosos maiores foran as máis baixas de España?
Aqueles que non fixeron NADA cando as nosas praias choraban chapapote

.....

Aqueles que permitiron que Galicia estivese esquencida, illada, caciqueada...

De verdade queres que volvan?

Eu NON

5 feb. 2009

O Vídeo esperado...

4 feb. 2009

Dando voltas

Estes días de comezo da precampaña ando entre Carballo, Coruña e Santiago, sen parar ben en ningún deles...

Este domingo, estivemos visitando a feira de Agualada Paloma e máis eu, con algúns compañeiros e compañeiras de Coristanco, "pasando frío" pero "botando unhas risas".

Teño que recoñecer que as campañas electorais son duras, moi duras. Pero son eses momentos de duro traballo os que fan que os que amamos a política disfrutemos con cada quilómetro percorrido, con cada persoa coa que falamos...E son precisamente esas durezas do camiño as que che fan crecer, evolucionar e aprender de cada acerto e de cada erro cometido.

17 ene. 2009

Donde dije digo.....


E resulta que agora, xustamente agora é cando Rajoy cre que o PP foi inxusto ao criticar ás ministras socialistas cando posaron para a portada da revista VOGUE.....

AGOSTO DE 2004

"Me parece un acontecimiento lamentable, absolutamente fuera de lugar, muy poco serio y, sobre todo, que revela cómo se toma las cosas el Gobierno", Rajoy dixit

"Con los problemas habidos este verano, con la crisis del petróleo, si al final la gran noticia del verano es el posado de las señoras ministras, pues viva la libertad, el equilibrio , la sensatez, la lógica y el sentido común" Rajoy dixit

El Gobierno de José Luis Rodríguez Zapatero ha pasado "de la política de gestos al ridículo" , Rajoy dixit

Es impropio de cualquier persona "decente con un cierto sentido del equilibrio" y que sea consciente de dónde está". "Una ministra tiene unas obligaciones que probablemente no tenga un particular y una de ellas es no hacer el ridículo. Además, el propio el presidente del Gobierno estaba allí haciendo gracietas. Han hecho el ridículo", Rajoy dixit

Si este reportaje lo hubieran hecho en su momento las ministras del PP, en estos momentos estaríamos excomulgados o fuera de España pero, por lo visto, algunos tienen bula o no tienen sentido del ridículo", Rajoy dixit

XANEIRO DE 2009


Segundo o Sr Rajoy, en España se "ha avanzado mucho en tolerancia y respeto a los demás, pero no lo suficiente"

Para o líder do Partido Popular, as fotos de Soraya son "mmuy bonitas" e que "a los políticos hay que juzgarlos por "su actividad política" y no por la forma en que posen en una foto."

É curiso, digo, que o responsable do PP faga estas declaracións xusto cando Soraya Saenz de Santamaría ocupa a portada dun periódico de tirada estatal posando ....

Claro que se avanzou moito en tolerancia e respeto cos demáis en España, señor Rajoy. Pero dende logo non gracias ao PP , que debería facer caso ao refrán que dí que "para dicir mentiras e comer pescado hai que ter moito coidado"

A diferencia, Sr Rajoy, é que os socialistas seguimos pensando o mesmo, ocupe a portada a Señora Sáenz de Santamaría ou as ministras do goberno socialista; parece que os que mudan de opinión agora son vostedes. Debe ser que "cada un fala da feira según lle vai nela..."


8 ene. 2009

Vetusta Morla. Copenhague

Gracias Gabi, Zule e Xela por descubrirme este grupo...

29 dic. 2008

Alber, acógemeeeeeeeeee!!!!

25 dic. 2008

Quero que chegue Agosto!!!!!!!!!!!!!!!!

5 dic. 2008

Todos e todas con Mos

Concentración hoxe sábado ás 12.00 horas

Fronte ao Pavillón Óscar Pereiro-Mos


24 nov. 2008

Expediente "X" no ceo de Santiago....





18 nov. 2008

"Homenaxe á muller"...

Unha Discoteca de Valencia está a organizar para o vindeiro 5 de decembro un sorteo "homenaxe á muller" chamado, como non podía ser doutro xeito, "Pretty Woman"....

O premio: unha operación de peitos ou no caso de estar operada destes, outra intervención similar..., aínda que ao mellor, tal e como dí o propio xerente, "hay que sortearlo 20 veces para que le toque a alguien que no esté operado ya"

Segundo o xerente da Discoteca, o obxectivo desta iniciativa e axudar a "hacer más llevadera esta situación económica a quien quiera operarse"

A verdade, pouco máis hai que engadir, porque ás veces, as palabras sobran. Cando penso que a sociedade dá cada día máis pasos cara unha igualdade entre homes e mulleres real e efectiva, de repente, resulta que por cada paso adiante, seguimos dando vinte cara atrás....
Para os que seguen sen enterarse:

Non, non queremos ser PERFECTAS, QUEREMOS SER IGUAIS!!!!


12 nov. 2008

A Galiza con Obama








Antonio, vai por tí!!!!jejejejej

6 nov. 2008

Sómosche ighualiños ighualiños!!!!

PARA ALGÚNS, A LIBERDADE DE EXPRESIÓN SALE ALGO CARA...


queimar fotos do rei: 2700 euros












3000 euros de multa a cada un dos autores e secuestro da revista.














QUE A RAÍÑA DIGA O QUE LLE PETE.....


Homosexuais: "Si estas personas quieren vivir juntas, vestirse de novios y casarse, pueden estar en su derecho, o no, según las leyes de su país: pero que a eso no le llamen matrimonio, porque no lo es. (...) Puedo comprender, aceptar y respetar que haya personas con otra tendencia sexual, pero ¿que se sientan orgullosos por ser gays? ¿Que se suban a una carroza y salgan en manifestaciones? Si todos los que no somos gays saliéramos en manifestación... colapsaríamos el tráfico"

Aborto e eutanasia: "En absoluto" (...) "La vida y la muerte no están en nuestras manos".

Relixión obrigatoria nas aulas: "Los niños necesitan una explicación del origen del mundo y de la vida".

Violencia machista: "Ha ocurrido siempre. Ahora se informa más y con todo detalle. En cierto modo, se provoca un contagio, se dan ideas que otros imitan. Los que son propensos tienen un filón en esas noticias"

NON TEN PREZO....

5 nov. 2008

Esperanza


Porque hoxe nos erguimos coa esperanza renovada.
Porque ás veces, da forma máis inesperada, a democracia nos devolve un sorriso de ilusión.
Porque o mundo precisa xa dun "cambio"...
Por todo isto, Obama; "non nos falles".

3 nov. 2008

E resulta que Sofía quere ser igual ca nós...


O venres peguei un chimpo: Resulta que aos 70 Sofia quere ser coma nós. Resulta que aos 70, esa raíña que fai máis de 25 se atopa un peldaño por riba de nós, quere agora darnos leccións de "liberdade de opinión".

Faime moita gracia que unha persoa que representa unha institución "herdable", onde se prima "ao varón sobre a muller", onde "o rei é penalmente irresponsable" e "inviolable", pretenda agora saltarse as reglas do xogo e ser "unha cidadá máis".

Fai máis de 25 anos que en España tivemos a oportunidade de ser todos e todas "cidadáns iguais". Sen embargo, aprobouse unha monarquía parlamentaria que os que somos republicanos vimos de respectar porque así o decidiu a maioría nas furnas. Se a raíña quere opinar coma nós, terá que ser polo tanto "coma nós", cos "mesmos dereitos ca nós" e non con máis.

Mentras tanto, terá que respectar o "principio de neutralidade" en virtude do cal, homosexiuais, heterosexuais, bisexuais, abortistas, antiabortistas, crentes, ateos, monárquicos, republicanos, mulleres, homes, españois, galegos, cataláns... RESPECTAMOS QUE ELA ESTEA AÍ


31 oct. 2008

E logo din que a culpa é de Zapatero...




Vale a pena perder sete minutiños vendo este vídeo, porque realmente Leopoldo Abadía consigue explicar do xeito máis claro posible, para os que non somos expertos/as economistas, os segredos da crise económica. E por riba consegue sacarche un sorriso!!!!!

Para que logo digan que a culpa é de Zapatero...

28 oct. 2008

Isto é amor polo deporte....

Os equipos de salvamento británicos tiveron que saír ao rescate de varios/as corredores/as desaparecidos/as nunha maratón.

Como se pode comprobar na imaxe, a adversas condicións meteorolóxicas obrigaron a suspender finalmente a maratón ( aínda que saír deberon de saír....)

Dende logo nada que ver tivo a "Pedestre popular" celebrada o pasado domingo en Santiago de Compostela, onde, afortunadamente, non tivemos que saír na busca de Fernando Martínez, que conseguiu chegar á meta facendo un tempo de 1h. 7 min no percorrido de 12 km da carreira. Noraboa, Fernando, e esperemos que no che de tan forte coma aos compañeiros británicos, que unha cousa é sufrir un pouquiño e outra ser masoca!!!!

20 oct. 2008

Escola de Formación das XSG


Esta fin de semana tiven a sorte de poder intercambiar experiencias e opinións con moitos compañeiros-amigos durante a celebración da Escola de Formación das XSG en Sarria.

E digo compañeiros-amigos, porque ás veces resulta moi difícil establecer unha liña de separación entre os que empezan sendo compañeiros, pero xunto cos que realmente rematas vivindo experiencias, cos e dos que acabas aprendendo, cos que creces e evolucionas....cos que en definitiva, acabas construíndo miles de historias e proxectos.

De Sarria, lévome moitas novas e interesante ideas sobre como temos que mellorar o noso traballo as XSG, sobre como podemos enfrontarnos ás próximas citas electorais, sobre como a pesar da envexa sa que temos das JSC, realmente somos capaces de implementar (cunha escaseza de medios comparativamente falando, grande) un traballo que nos permite ser unha organización político-xuveníl referente en Galicia, cunha madurez interna, digna de subliñar.

Esta escola, como me dicía Isa Lema onte mesmo, foi mellor que tódalas anteriores, pero será menos boa que a seguinte. Porque as escolas, en definitiva, son pequenos pasos dun proxecto que se chama Xuventudes Socialistas de Galicia. E cando as vives, e cando as gozas, dáste conta de que participar é das mellores decisións que tomaches na túa vida.

8 oct. 2008

O " lapsus" de Jesús Álvarez



A verdade, fíxome gracia!!!

1 oct. 2008

E a Consellería de Vivenda que???


Hoxe fixéronse públicos dous datos especialmente preocupantes para Galicia en materia de vivenda.

Por unha banda, o INE publicou os índices sobre o precio da vivenda libre en España. Se no conxunto do Estado, os precios baixaron, na nosa Comunidade Autónoma pola contra subiron un 0,7%... Difícil parece que está mercar. Por iso pensei automáticamente: "sempre nos quedará o alugueiro coa renda de emancipación do Ministerio de Vivenda..."

Tonta de mín, xa que por outra banda, hoxe, o ministerio de Vivenda deu a coñecer os datos de tramitación da RBE por Comunidades, e cal foi a miña sorpresa cando comprobei, por outro trimestre consecutivo que Galicia é a cuarta Comunidade Autónoma que menos porcentaxe de solicitudes tramita.

Trátase dunha axuda que a pesar de ser do Ministerio de Vivenda, a tramitación correspóndelle á Consellería competente en materia de vivenda de cada Comunidade Autónoma.

Cando case as tres cuartas partes das Comunidades superaron xa o 80% de solicitudes tramitadas, Galicia vai polo 56%!!!! Pero isto é máis grave aínda, se temos en conta que a normativa aprobada que regula este procedemento, establece que cada solicitude ten que ser tramitada como máximo en dous meses; tempo que para a Consellería se está a triplicar.

Que pasa na Consellería de Vivenda?

A falta de respostas, confiemos que sexa unha situación transitoria e non teñamos que darlle un tirón de orellas!!!

30 sept. 2008

A Casa Real non notará a crise


Esta mañá foi presentado no Congreso dos Deputados o proxecto dos Orzamentos Xerais do Estado para 2009.

Por unha banda, indicar que en tempos de crise, sempre se agradece que un goberno socialista teña como piares fundamentais á hora de configurar este importante documento, os dereitos sociais da cidadanía, que ocuparán máis da metade dos presupostos do ano que ven.

Así, éstes caracterízanse dunha banda, por seguir aumentando o gasto en políticas sociais un 9.5%, o gasto en dependencia, que aumenta 870 millóns de euros; o gasto en políticas de vivenda, que o fai nun 16,6%; o gasto en pensións, que o fará nun 8,3% en xeral, e as pensións mínimas nun 6%...

Por outra banda, en Galicia recibiremos 2.020 millóns de euros para poder seguir a construír ese AVE que nunca foi capaz de materializar o PP pero que agora tanto critican; para poder seguir a construir autovías gratuítas que compensen a perda económica de todas aquelas que o PP privatizou e que agora tanto reclama para o estado. Lástima que algunhas delas, como a que une A Coruña con Carballo fose vendida a mans privadas ata o ano 2045 por un goberno do Partido Popular. E lástima tamén, que liberar esa peaxe lle supoña ao goberno galego uns 600 millóns de euros. Preferimos, dende logo, que en lugar de pagar ese importe, a Xunta invista no "corredor da costa da morte", porque deste xeito nos beneficiaremos o conxunto dos/as cidadáns, e non "os de sempre".

Dende logo, esperemos que se o PP fai oposición destes orzamentos, se lembre tamén de criticar a subida do 2,7% da partida orzamentaria adicada á Casa Real, que este ano recibirá uns 8,9 millóns de euros nas súas arcas. Partida orzamentaria que non esquenzamos a recibe o Rei "para o sostenemento da súa familia e do seu fogar, e distribúe libremente ". E penso eu, ninguén lle podería recomendar á familia real ese programa do canal "cuatro" no que te ensinan a administrar os teus cartos para chegar a fin de mes?????? Eu, a verdade, con 1000 euros voume apañando para chegar...

24 sept. 2008

Pradologo premiada en San Sebastián


Hoxe quero felicitar a unha gran amiga, gran actriz e mellor compañeira, que se atopa de celebrarción.

Onte, a longametraxe galega "Pradolongo", coprotagonizada por "Tami", recibiu o IV Premio Cidade de San Sebastián.

Pradolongo, pode presumir de ser o film máis visto de toda a historia do audiovisual galego, acumulando algo máis de 45.000 espectadores/as. A película, que foi rodada na comarca de Valdeorras, mostra algunhas da máis fermosas paisaxes da nosa terra decoradas cunha banda sonora que recolle melodías galegas que consiguen transmitir auténticas sensacións.

Dende aquí, recoméndovos que cando teñades ocasión, disfrutedes con "Pradolongo", coas súas paisaxes, as súa música, e, por suposto, as grandes interpretacións das que hoxe son dúas das poromesas do cine galego: Tamara Canosa e Rubén Riós.

Noraboa Tami

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

15 sept. 2008

Benvida

Benvidos e benvidas a este pequeno espacio na rede.



Este novo blog pretende ser un lugar onde poder expresar todo o que moitas veces che queda por dicir; o meu diario de curiosidades para os non curiosos.




Opinións opinables ©Template Blogger Green by Dicas Blogger.

TOPO  

Free counter and web stats