3 nov 2008

E resulta que Sofía quere ser igual ca nós...


O venres peguei un chimpo: Resulta que aos 70 Sofia quere ser coma nós. Resulta que aos 70, esa raíña que fai máis de 25 se atopa un peldaño por riba de nós, quere agora darnos leccións de "liberdade de opinión".

Faime moita gracia que unha persoa que representa unha institución "herdable", onde se prima "ao varón sobre a muller", onde "o rei é penalmente irresponsable" e "inviolable", pretenda agora saltarse as reglas do xogo e ser "unha cidadá máis".

Fai máis de 25 anos que en España tivemos a oportunidade de ser todos e todas "cidadáns iguais". Sen embargo, aprobouse unha monarquía parlamentaria que os que somos republicanos vimos de respectar porque así o decidiu a maioría nas furnas. Se a raíña quere opinar coma nós, terá que ser polo tanto "coma nós", cos "mesmos dereitos ca nós" e non con máis.

Mentras tanto, terá que respectar o "principio de neutralidade" en virtude do cal, homosexiuais, heterosexuais, bisexuais, abortistas, antiabortistas, crentes, ateos, monárquicos, republicanos, mulleres, homes, españois, galegos, cataláns... RESPECTAMOS QUE ELA ESTEA AÍ


3 Comentários:

Loli Rodríguez dijo...

María,

Coincido contigo en absolutamento todo o que dis.
E coincido tanto contigo que non coincido nada con Antonio Hernando, o compañeiro do PSOE que se pronunciou sobre este tema.
Respeto a postura oficial do PSOE, pero como militante teño a miña propia e dista moito da que él manifesta.

En fin, eu hoxe máis republicana que nunca.

ANTONIO SÁNCHEZ dijo...

Por que o PSOE se cansa de defender a monarquia? E incompatible defender a figura de Xoan Carlos con defender a república? Foi Xoan Carlos importante? Eu creo que sí. É Xoan Carlos importante? Eu creo que nada. Representa o PSOE á súa militancia cando defende a monarquia como sistema? Eu creo que non. Sigue así Meri.

Gretel dijo...

No hay dos sin tres....

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Opinións opinables ©Template Blogger Green by Dicas Blogger.

TOPO  

Free counter and web stats