30 sept 2008

A Casa Real non notará a crise


Esta mañá foi presentado no Congreso dos Deputados o proxecto dos Orzamentos Xerais do Estado para 2009.

Por unha banda, indicar que en tempos de crise, sempre se agradece que un goberno socialista teña como piares fundamentais á hora de configurar este importante documento, os dereitos sociais da cidadanía, que ocuparán máis da metade dos presupostos do ano que ven.

Así, éstes caracterízanse dunha banda, por seguir aumentando o gasto en políticas sociais un 9.5%, o gasto en dependencia, que aumenta 870 millóns de euros; o gasto en políticas de vivenda, que o fai nun 16,6%; o gasto en pensións, que o fará nun 8,3% en xeral, e as pensións mínimas nun 6%...

Por outra banda, en Galicia recibiremos 2.020 millóns de euros para poder seguir a construír ese AVE que nunca foi capaz de materializar o PP pero que agora tanto critican; para poder seguir a construir autovías gratuítas que compensen a perda económica de todas aquelas que o PP privatizou e que agora tanto reclama para o estado. Lástima que algunhas delas, como a que une A Coruña con Carballo fose vendida a mans privadas ata o ano 2045 por un goberno do Partido Popular. E lástima tamén, que liberar esa peaxe lle supoña ao goberno galego uns 600 millóns de euros. Preferimos, dende logo, que en lugar de pagar ese importe, a Xunta invista no "corredor da costa da morte", porque deste xeito nos beneficiaremos o conxunto dos/as cidadáns, e non "os de sempre".

Dende logo, esperemos que se o PP fai oposición destes orzamentos, se lembre tamén de criticar a subida do 2,7% da partida orzamentaria adicada á Casa Real, que este ano recibirá uns 8,9 millóns de euros nas súas arcas. Partida orzamentaria que non esquenzamos a recibe o Rei "para o sostenemento da súa familia e do seu fogar, e distribúe libremente ". E penso eu, ninguén lle podería recomendar á familia real ese programa do canal "cuatro" no que te ensinan a administrar os teus cartos para chegar a fin de mes?????? Eu, a verdade, con 1000 euros voume apañando para chegar...

3 Comentários:

Gretel dijo...

Eu vou ser menos correcta políticamente...

..."Hay que joderse!!!!"

Subida para a Casa Real...

...que traballen carallo...ou que aprendan a vivir con menos millóns de euros..que supoño que é un esforzo incrible...pero se pode, de verdade, de verdade que se pode vivir con menos de oito(casi nove) millóns de euros....

Unknown dijo...

Pois eu tamén vou ser pouco correcto politicamente:
"" REPÚBLICA XA ""
Se queredes que haxa rei que o decidan os cidadáns

ANTONIO SÁNCHEZ dijo...

Menos de 8 millóns de euros non se vive chico, ou non vedes o caro que se puxo todo.

jajajajaja

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Opinións opinables ©Template Blogger Green by Dicas Blogger.

TOPO  

Free counter and web stats